carga
Audio 1

carga substantivo feminino1 Acción e efecto de cargar. Zona de carga e descarga de vehículos. ANTÓNIMO descarga2 Cousa ou cantidade de cousas que se carga sobre un vehículo, un animal etc., ou que leva unha persoa. Este camión pode levar unha carga de dez mil quilos. SINÓNIMOS cargamento, frete Levar unha carga ao lombo.3 Pólvora ou explosivo con que se carga unha arma de fogo. A carga dun rifle.4 Taxa ou tributo imposto polo estado. Cargas fiscais. CONFRÓNTESE gravame5 Obriga ou hipoteca que pesa sobre un inmoble. Antes de mercar a vivenda, comprobou que estaba libre de cargas.6 Obrigación ou responsabilidade que recae sobre alguén. As cargas familiares. CONFRÓNTESE lastre7 Arquitectura Peso que sostén unha estrutura. Os cimentos non estaban preparados para soportar a carga do edificio.8 Contido ou recambio dun instrumento, que se pode repoñer por outro ao esgotarse. A carga dun bolígrafo.9 Cantidade de enerxía eléctrica acumulada nun corpo. Carga positiva.10 Ataque de xente armada. A carga da policía sobre os manifestantes.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!