carneiro, carneira
Audio 1
Audio 2

carneiro (feminino: carneira) adxectivo1Carneirán Sodes ben carneiros, non quedou claro que tiñades que esperar? Tamén substantivo Está feita unha carneiriña.2 Rudo, de maneiras pouco finas ou pouca educación. Es ben carneiro, por que non empezas por cambiar de roupa? Tamén substantivo Gustáballe andar de carneiro polas romarías. substantivo masculino3 Macho da ovella, que nalgunhas especies ten cornos revirados en espiral. Un carneiro novo.4 (Venus verrucosa) Molusco mariño bivalvo da familia dos venéridos, de cuncha sólida e globosa, valvas simétricas con liñas concéntricas prominentes e dotadas de rugosidades descontinuas e cor amarela gris ou parda, que vive nos fondos de area algo lodosa. O carneiro, por ter a carne algo dura, dedícase principalmente á conserva. SINÓNIMO carneirolo5Berberecho Ían a pé aos carneiros.6 Berberecho bravo. O carneiro é bastante abondoso.7Pinchacarneiro Pasabámolo moi ben facendo carneiros polo herbal abaixo.8 Onda do mar baixa e escumosa. O mar ponse guapo cando hai carneiros.9 Astronomía Constelación do zodíaco, situada no hemisferio celeste boreal, entre Peixes e Touro. OBSERVACIÓNS: Nesta acepción escríbese con maiúscula Carneiro ten arredor de cincuenta estrelas visibles a simple vista. Forma menos recomendable: aries10 Signo zodiacal das persoas nacidas entre o vinte e un de marzo e o vinte de abril. OBSERVACIÓNS: Nesta acepción escríbese con maiúscula Carneiro é o primeiro signo do zodíaco. Forma menos recomendable: aries substantivo11 Persoa que naceu baixo este signo. OBSERVACIÓNS: Nesta acepción é invariable en plural O símbolo dos carneiro é o lume. Forma menos recomendable: aries FRASES E EXPRESIÓNS CON carneiro Sangrar coma un carneiro Sangrar abundantemente. Cortouse na perna e sangraba coma un carneiro.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!