caza
Audio 1

caza substantivo feminino1 Actividade do que se dedica a cazar. Estiveron tres días de caza. Hoxe moitos non xustifican a caza deportiva, aínda que admiten a caza por necesidade.2 Busca ou persecución de algo ou alguén. A caza dos ladróns foi un perfecto fracaso. Andaban á caza de autógrafos de autores famosos. Leva dous anos á caza dun emprego.3 Captura de algo ou de alguén que era buscado. A caza do asasino produciuse a poucos metros do lugar do crime.4 Conxunto de animais que se poden cazar ou que se cazaron. Hoxe traen pouca caza.5 Carne do animal cazado. Durante a temporada, tamén ofrecen caza no menú. substantivo masculino6 Avión de combate de gran velocidade. O comandante dun dos cazas pediulle que se identificase. FRASES E EXPRESIÓNS CON caza Caza de bruxas 1 Persecución de persoas ás que se consideraba afectadas de bruxería, para axuizalas e condenalas. Ao comezo, a caza de bruxas foi dirixida polos tribunais eclesiásticos, pero no século XVI estes son substituídos polos tribunais laicos. 2 Persecución por motivos sociais e políticos. Iniciouse no partido unha verdadeira caza de bruxas, que acabou coa expulsión de todos os disidentes. Caza maior Caza de animais de gran tamaño. A caza do xabaril considérase caza maior. Caza menor Caza de animais de pequeno tamaño. Só cazan coellos e lebres, dedícanse á caza menor. Dar caza Coller, alcanzar ou apresar o que se persegue. O corredor deulle caza ao seu rival. Déronlle caza preto da fronteira. Trofeo de caza VÉXASE trofeo Trompa de caza VÉXASE trompa

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!