cegar
Conxugar
Audio 1

cegar /verbos/cegar.html verbo transitivo1 Deixar cego, privado do sentido da vista. O violento golpe que recibiu cegouna.2 Deixar [alguén] momentaneamente sen vista, particularmente debido a un exceso de luz. As luces do coche cegárono e botouse fóra da estrada. SINÓNIMO encandear3 Quitarlle a capacidade de razoar debidamente a [alguén]. O desexo cégate. SINÓNIMOS obcecar, ofuscar4 figurado Causar unha forte impresión en [alguén]. Cegounos coa forza do seu discurso. SINÓNIMOS abraiar, encandear, fascinar, impresionar, pasmar, seducir5 Derramar o gume de [un instrumento cortante]. Cegou o coitelo cortando nos paus. SINÓNIMO gafar6 Obturar ou cerrar [algo que estaba aberto]. Cegar unha porta. Cegar un cano. verbo intransitivo7 Quedar cego ou privado do sentido da vista. Cegou ao chegar a vello. verbo pronominal8 Perder a capacidade de razoar debidamente. Cegouse coa rabia. SINÓNIMOS obcecarse, ofuscarse9 figurado Sentir unha forte impresión. Cegouse ante a fermosura daquela muller. SINÓNIMOS abraiar, pasmar10 [Gume dun instrumento cortante] derramarse. Cegóuselle a gadaña. SINÓNIMO gafarse

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


    Cal é a palabra?:

    Escolle unha opción:



    Política de Privacidade

    En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

    Demostra que es humano!

    [recaptcha]