censura
Audio 1
Audio 2

censura substantivo feminino1 Acción de reprender as accións ou manifestacións de alguén. Recibiu moitas censuras desde a esquerda pola súa colaboración co goberno actual. SINÓNIMO crítica ANTÓNIMOS eloxio, gabanza, loanza2 Control exercido por unha autoridade sobre publicacións, espectáculos e medios de comunicación para que non se desvíen de determinadas liñas políticas, ideolóxicas ou relixiosas. Todos os xornais eran vítimas da censura franquista. Por algunha razón que descoñecemos, este libro escapou á censura eclesiástica.3 Organismo que exerce a censura. En decembro de 1943, a censura ordenou retirar do mercado unha edición de Dostoievski.4 Antigüidade clásica Na antiga Roma, oficio e dignidade de censor. O cargo, denominado censura, era responsable da realización do censo, a supervisión da moralidade pública, e de certos aspectos das finanzas. A censura era unha das maxistraturas menores en Roma. FRASES E EXPRESIÓNS CON censura Moción de censura 1 Procedemento polo que os partidos poden esixir nun parlamento ou nun pleno municipal a responsabilidade política ao poder executivo respectivo. Nos sistemas parlamentarios en que o parlamento elixe o presidente do goberno ou o primeiro ministro pódese, a través da moción de censura, forzar a súa substitución. 2 por extensión Procedemento polo que en determinadas entidades se censura a actuación do órgano executivo por parte doutro órgano capacitado para facelo. O claustro da universidade someteu a reitora a unha moción de censura.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!