cerrado, cerrada
Audio 1
Audio 2
Audio 3
Audio 4

cerrado (feminino: cerrada) participio1 Participio do verbo cerrar. adxectivo2 Que ten unha gran curvatura. Unha baixada cunha volta moi cerrada. Unha curva cerrada.3 Que ten moi xuntos e en gran número os elementos que o compoñen. Aquilo era unha selva, un monte cerrado. SINÓNIMOS fechado, pechado, pecho2 CONFRÓNTESE compacto, denso, mesto4 Completamente cuberto de nubes. Ceo cerrado. Leva o paraugas, que está o día cerrado de auga e vaste mollar. SINÓNIMOS fechado, fecho2, pechado, pecho25 figurado Que é difícil de entender, por ter unhas características propias e peculiares moi marcadas [fala, lingua, acento]. Fala cun acento andaluz cerrado. SINÓNIMOS fechado, pechado6 figurado Que non acepta aquilo que vai en contra da súa maneira de pensar. Non intentes convencelos porque son moi cerrados. SINÓNIMOS fechado, pechado7 figurado Pouco dado a expresar os seus sentimentos, a falar coa xente etc. É xente cerrada que non trata con ninguén. SINÓNIMOS fechado, pechado8 Que ten xa todo o dentame [animal]. Un cabalo cerrado. substantivo masculino9 Construción feita de calquera material coa que se limita e pecha un terreo. Un cerrado de pedra. Un cerrado de arame. SINÓNIMOS cerrume, peche, zarra, zarro CONFRÓNTESE cerca1, cercado, valado, valo10 Terreo pechado cunha construción deste tipo. Ten un cerrado de trece ferrados por detrás da casa. FRASES E EXPRESIÓNS CON cerrado Cerrada da noite VÉXASE noite Cerrado da noite VÉXASE noite Noite cerrada VÉXASE noite

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!