chamar
Conxugar
Audio 1

chamar /verbos/chamar.html verbo transitivo1 Procurar que [unha persoa ou animal] acuda ou preste atención dicindo o seu nome en voz alta ou mediante sons ou exclamacións específicas. Chámao a ver se te oe e dille que non esqueza mercar o fío. Chamárono pola megafonía para que acudise ao departamento de control de equipaxes. OBSERVACIÓNS: Emprégase tamén seguido da preposición por Non oes? Están a chamar por nós. Chamou polo can asubiando.2 Pronunciar en voz alta o nome de [as persoas que se deben atopar nun lugar] para verificar a súa presenza. O secretario chamou os opositores por orde alfabética dos apelidos.3 Espertar [alguén]. Sempre me chama moi cedo e a min cústame levantarme.4 Accionar un dispositivo para que [un aparato] acuda ao lugar onde se está. Chama ti o ascensor, que eu subo a pé.5 Solicitar a [alguén] que acuda a un lugar ou realice unha acción. Chamárono do xulgado para testificar. Chamar a doutora. Unha voz chama os fieis á oración, desde o minarete. Tamén absoluto Os sinos chaman para a misa das once. CONFRÓNTESE convocar6 Designar [alguén] para ocupar un posto, exercer un cargo ou gozar dun dereito. Foi chamada ao trono de Castela. Neste caso serán chamados a herdar os seus parentes en segundo grao.7 Comunicar con [unha persoa ou un servizo], ou tratar de facelo, por medio do teléfono. Chámante pola liña un. Chamade unha ambulancia! Tamén absoluto Vou chamar por teléfono.8 Guiar [un animal de tiro] poñéndose diante del. Cando sementan, sempre chama el as vacas.9 Exercer unha cousa ou persoa atracción sobre [alguén]. As minas de ouro chamaban a centos os aventureiros. Ese sindicalista chama moita xente. SINÓNIMO atraer CONFRÓNTESE chistar, tirar Tamén absoluto O noso líder perdeu popularidade e xa non chama como chamaba. OBSERVACIÓNS: Emprégase tamén seguido da preposición por Sentía que a terra chamaba por el.10 Atraer unha cousa [outra cousa]. Diñeiro chama diñeiro. OBSERVACIÓNS: Emprégase tamén seguido da preposición por Este chourizo chama polo viño. verbo intransitivo11 Aplicar a alguén ou a algo un nome ou un alcume. Chámanlle Xoán. Chamábanlle o Mentireiro.12 Designar ou cualificar algo ou alguén como. Chamoulle covarde á cara. Chamáronlle guapo e púxose colorado.13 Dar golpes nunha porta, ventá etc. ou facer soar o timbre para que abran, ou para pedir permiso para entrar. Chamou pero non oíron o timbre. CONFRÓNTESE petar14(chamar por) [Unha cousa] requirir outra cousa. Estes mobles novos chaman por unha alfombra. CONFRÓNTESE esixir, pedir, reclamar verbo pronominal15 Ter un determinado nome ou apelido. Como se chaman estas plantas? SINÓNIMO denominarse Como te chamas? -Chámome Brais. Esta canción chámase “Anduriña”. FRASES E EXPRESIÓNS CON chamar Chamar a atención VÉXASE atención Chamarse a engano VÉXASE engano

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!