cheo, chea
Audio 1
Audio 2
Audio 3

cheo (feminino: chea) adxectivo1 Que ten a súa capacidade ocupada por completo ou en gran medida. O cine estaba cheo. Un saco cheo. ANTÓNIMO baleiro1 CONFRÓNTESE completo2 Con moita cantidade, con abundancia. Tiña o abrigo cheo de remendos. Está cheo de preocupacións.3 familiar Que comeu ou bebeu o suficiente ou mesmo en exceso. Quedei cheo con este xantar. SINÓNIMOS farto, repleto Que cheíño vai hoxe! CONFRÓNTESE borracho4 figurado Cansado de facer ou aguantar algo. Estou cheo de esperar, marcho. SINÓNIMO farto substantivo masculino5 Ocupación total dun espazo ao que concorre xente. Houbo un cheo no pavillón de Sar para ver o partido do Obradoiro. substantivo feminino6 Aumento do caudal dun río ou doutra corrente de auga. Con esta chuvia imos ter chea. SINÓNIMOS aluvión, ametencia, enchente, riada7 popular Exceso de comida ou bebida. Vaia chea de sardiñas! SINÓNIMOS atacadura, champada, enchedela, enchente, farta, pancha Agarraron unha boa chea esta noite! SINÓNIMOS bebedeira, borracheira, candonga, carpanta, mona CONFRÓNTESE alegrete8 Gran cantidade. Teño unha chea de asuntos que resolver. SINÓNIMOS man, manchea, montón, morea19 Nivel máis alto que acada a marea. Hoxe contra as oito está o mar na chea. SINÓNIMO preamar ANTÓNIMOS baixamar, seca FRASES E EXPRESIÓNS CON cheo Ás cheas locución adverbialAbundantemente Comín ás cheas. De cheo locución adverbial Por completo. Acertou de cheo.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!