chegar
Conxugar
Audio 1

chegar /verbos/chegar.html verbo intransitivo1 Pasar a estar presente nun lugar despois de desprazarse ou de percorrer certa distancia. O tren chega ás nove. Os rapaces chegaron cedo. ANTÓNIMO marchar Por este atallo chegamos antes á casa.2 Acadar un determinado punto ou nivel mediante un desprazamento ou un movemento. A auga chegou moi preto daquelas casas.3 [Un suceso ou unha circunstancia] pasar a estar presente no tempo. Chegou o verán e con el o bo tempo. ANTÓNIMO marchar Aínda non chegara o tempo de sementar. Chegou o momento de tomar unha decisión. Cando cheguen as eleccións, xa se verá os apoios con que conta cada un. CONFRÓNTESE comezar, vir4 Durar ata unha época ou tempo determinados. Chegou aos noventa anos.5 [Ser animado] ser capaz de tocar ou coller algo. Desde o chan non lle chego á froita. A raposa non lles chegaba ás uvas.6 [Persoa, cousa] estar á altura ou nivel doutra. A saia chégalle aos pés. O neno medrou moito; xa me chega aos ombreiros.7 [Persoa] acadar unha determinada situación, categoría, grao etc. Chegará a ministro.8 [Algo] producir impacto en alguén. É unha obra moi difícil, que só chega a persoas con coñecementos históricos.9 [Cousa ou animal] acadar unha cantidade determinada. Os gastos chegaron aos setecentos euros. Este becerro non chega aos cen quilos.10 Ser suficiente. Unha pouca verdura chega para preparar este prato. SINÓNIMOS abastar, abondar, alcanzar, bastar verbo transitivo11 Pór [unha cousa] onda outra ou ao alcance de alguén. Chega máis as mans ao lume. SINÓNIMOS achegar, arrimar Chégame ese libro aquí. SINÓNIMOS acercar, achegar, aproximar ANTÓNIMOS afastar, apartar, arredar, separar verbo pronominal12 Pórse cerca ou a menor distancia de algo ou alguén. Chégate a min e dime o que che pasa. SINÓNIMOS acercarse, achegarse, aproximarse ANTÓNIMOS afastarse, apartarse, separarse13(chegar por) Ir ao encontro de alguén a un lugar próximo. Chégate polos nenos ao autobús. SINÓNIMOS acercarse, achegarse14 Facer un pequeno desprazamento para ir a un sitio pouco distante. Chégate á súa casa e dálle o recado. SINÓNIMOS acercarse, achegarse FRASES E EXPRESIÓNS CON chegar Chegar a + inf Perífrase verbal que indica que se logra ou se achega ao seu termo o expresado polo infinitivo. Non chegou a casar aínda que estivo a piques de facelo. Non creo que ese proxecto se chegue a realizar. Chegou a triunfar no mundo do espectáculo. Chegou a reunir unha gran fortuna. Chegar (algo) aos oídos de (alguén) [Algo] Ser coñecido por [alguén] a través de rumores. Chegou aos meus oídos que te vas presentar ás eleccións. Chegar ás mans VÉXASE man Chegar ás mans de (alguén) [Algo] ser recibido por [a persoa á que vai dirixido]. Esta carta nunca chegou ás mans da súa filla. Chegar e encher Lograr o que se pretende, inmediatamente e sen esforzo ningún. Ti debías pensar que era chegar e encher, pero vas ter que traballar. Chegarlle a hora a (alguén) Chegarlle o momento da morte a [alguén]. Temos que estar preparados porque a todos nos ha chegar a hora. Chegar lonxe [Algo ou alguén] lograr éxito. Esta rapaza é moi espabilada e vai chegar lonxe.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!