chopo
Audio 1

chopo1 substantivo masculinoChoco1 Chopos fritos.

chopo
Audio 1

chopo4 Para todas as acepcións SINÓNIMOS chopo branco2, chupón, verbasco substantivo masculino1 (Verbascum thapsus) Planta herbácea tomentosa da familia das escrofulariáceas, de follas ovadas alternas, flores amarelas en espiga e froito en casula. O chopo medra en terreos areentos e campos incultos. FRASES E EXPRESIÓNS CON chopo Chopo branco (Verbascum thapsus) Planta herbácea tomentosa da familia das escrofulariáceas, de follas ovadas alternas, flores amarelas en espiga e froito en casula. O camiño está cuberto de herbiñas e flores bravas, de chopos brancos e berros.

chopo
Audio 1

chopo3 substantivo masculino Porción de líquido, xeralmente pequena, que se bebe dunha vez. De dous chopos bebeu o vaso de cervexa. Apenas tomou un chopo de viño e xa lle sentou mal. Queda un chopo no fondo da botella. SINÓNIMOS chingo, chope2, goto, grolo3, groucho, gulapo, gurrucho, papado2, sorbo, trago1 CONFRÓNTESE fecha

chopo
Audio 1

chopo2 Para todas as acepcións SINÓNIMO álamo substantivo masculino1 Árbore da familia das salicáceas, de folla caduca, flores pequenas reunidas en amentos e froito en cápsula, da que existen varias especies. O chopo é unha árbore propia de climas temperados.2 Madeira desta árbore. Importan chopo de países europeos. FRASES E EXPRESIÓNS CON chopo Chopo branco 1 (Populus alba) Árbore da familia das salicáceas, de copa alta máis ou menos ovoide, toro groso coa casca lisa de cor branca e madeira lixeira e pouco resistente. O chopo branco cultívase na zona sur de Galicia. 2 Madeira desta árbore. O chopo branco emprégase na fabricación de utensilios da casa. Chopo negro 1 (Populus nigra) Árbore da familia das salicáceas duns trinta metros de altura, casca rugosa e copa máis ou menos ovoide, de madeira branca, lixeira e de pouca calidade. O chopo negro. SINÓNIMO lamigueiro 2 Madeira desta árbore. O chopo negro ten diversas aplicacións na carpintaría. SINÓNIMO lamigueiro

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!