chupón, chupona
Audio 1
Audio 2

chupón (feminino: chupona) adxectivo1 Que chupa moito. Deberías ter máis coidado, porque os meniños son moi chupóns e levan todo á boca.2 coloquial Que se aproveita habilmente do que ten outro. Non me gusta que andes con eses amigos tan chupóns. Tamén substantivo É unha chupona que pouco a pouco se foi facendo dona de todo.3 figurado [Xogador] que retén en exceso a pelota por ser demasiado individualista. É un futbolista moi chupón, non lle pasa o balón a un compañeiro aínda que estea en mellor situación. substantivo masculino4 Rama non produtiva dunha árbore, que a prexudica chupándolle o zume. Na poda eliminan os chupóns. SINÓNIMO ladrón5 Parte inferior da cheminea, de forma semellante á dunha campá, que serve para recoller o fume. O chupón está cheo de feluxe.6 Válvula que serve para abrir e cerrar un orificio en certas bombas de auga. Rompeu o chupón da bomba de achicar.7 Utensilio formado por unha ventosa unida a un mango, que se utiliza para desatoar canos. Intentaba desatascar o vertedoiro cun chupón.8 Ave acuática de peteiro fino e colo longo, da que existen varias especies, que habita en lagos, lagoas e outras zonas anegadas con abundante vexetación, e que se alimenta de peixes e outros animais acuáticos que captura mergullándose repetidamente. O chupón pode manter a cabeza mergullada na auga durante moito tempo. SINÓNIMOS mergullón, somorgullo9 (Verbascum thapsus) Planta medicinal da familia das escrofulariáceas empregada na medicina popular para curar grans ou feridas con pus. Miña avoa tíñache moita fe nos chupóns. SINÓNIMOS chopo4, chopo branco2, verbasco10 Botánica Órgano dalgunhas plantas parasitas que lles serve para fixarse e absorber o zume da outra planta. Os chupóns penetran nos tecidos da planta. substantivo feminino11Lamprea A chupona agárrase ás pedras coa boca.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!