chupar
Conxugar
Audio 1

chupar /verbos/chupar.html verbo transitivo1 [Ser animado] extraer [unha substancia, polo xeral un fluído] aplicando os labios ou un órgano apropiado. Chupar o zume dun limón. As abellas chupan o mel das plantas. SINÓNIMOS chuchar, succionar, zugar CONFRÓNTESE libar2 Realizar movementos de succión sobre [algo que se pon entre os labios ou se mete na boca]. O neno chupaba o caramelo. Tiña o vicio de chupar o bolígrafo. SINÓNIMO chuchar3 [Cousa] absorber [auga ou un líquido]. As patacas fritas chupan moito aceite. Os eucaliptos chupan a auga toda e estragan a terra. SINÓNIMOS chuchar, zugar4 figurado Quitar [un ben] a alguén dunha maneira abusiva. Mentres estivo en Cuba chupáronlle as terras e acabaron co que aquí deixara. SINÓNIMO chuchar5 figurado, coloquial [Persoa] soportar os efectos de [algo que resulta custoso ou desagradable]. Tiven que chupar trescentos quilómetros para chegar aquí. E cada mañá a chupar frío e vento.6 figurado Meter no seu interior como se o succionase [algo que non é líquido]. O desaugadoiro da piscina chupou as gafas, porque non tiña filtros.7 Tornar feble ou fraco a [alguén]. Os desgustos chúpano pouco a pouco. SINÓNIMO chuchar8 En deportes de equipo, reter de maneira abusiva [o balón] sen pasalo a outros xogadores. Ben se ve que é moi individualista, chupa sempre o balón. Tamén absoluto É un xogador de clase, pero chupa moito. verbo pronominal9 Ir facéndose máis débil ou fraco. Ao adelgazar, chupóuselle a cara. SINÓNIMO chucharse FRASES E EXPRESIÓNS CON chupar Chupar cámara coloquial Atraer con insistencia a atención da cámara, colocándose nun lugar preferente ou actuando dunha maneira rechamante. Ao secretario moito lle gusta chupar cámara. Chupar da teta Tirar proveito de algo ou alguén sen esforzarse. Sempre estivo chupando da teta do partido, e nunca traballou fóra da organización. SINÓNIMO chuchar da teta Chupar o dedo Ser un inxenuo. Que sexa unha persoa con vontade de diálogo e cordial non significa que chupe o dedo. SINÓNIMO chuchar o dedo Chupar o sangue (a/de alguén) Explotar [unha persoa] no traballo ou no terreo económico. É un empresario que chupa o sangue dos traballadores, nunca lles pagou as horas extra. SINÓNIMO chuchar o sangue Chupar roda 1 En ciclismo , colocarse inmediatamente detrás doutro ciclista para utilizalo como pantalla fronte á resistencia do vento. Non arriscou nada, foi toda a tirada chupando roda do seu compañeiro de equipo. 2 coloquial Aproveitarse do traballo de outro. Estivo sempre chupando roda do que facía a súa compañeira de clase.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!