cidade
Audio 1

cidade substantivo feminino1 Asentamento humano de maior entidade ca a vila, cun elevado número de habitantes e alta densidade de poboación, dedicada principalmente aos sectores secundario e terciario. Unha rede de autobuses comunica os barrios da cidade co centro. CONFRÓNTESE urbe2 Parte dunha cidade. A cidade vella. A cidade nova. A cidade alta. A cidade baixa.3 Vida e hábitos sociais propios dunha cidade, por oposición ao campo. En realidade foi un enfrontamento entre o campo e a cidade. Nunca foi amante da cidade.4 Conxunto de habitantes dunha cidade. Hoxe toda a cidade fala do mesmo tema. Os bombardeos mataron máis da metade da cidade. FRASES E EXPRESIÓNS CON cidade Cidade deportiva Conxunto de instalacións destinadas á práctica dalgún deporte. O equipo de fútbol adestraba na cidade deportiva. Cidade dormitorio Cidade en que os seus habitantes se desprazan para traballar a outra cidade próxima. Compraron a casa nunha cidade dormitorio. Cidade estado Estado que só posúe unha cidade e un pequeno territorio adxacente. Singapur é unha cidade estado. Cidade sanitaria Conxunto urbano formado por vivendas e outras construcións arredor dun hospital. O aparcadoiro da cidade sanitaria estaba completo a aquela hora. Cidade universitaria Conxunto de instalacións destinadas ao ensino universitario, situadas en terreo delimitado para este uso. Producíronse enfrontamentos violentos entre os estudantes e a policía dentro da cidade universitaria. Cidade xardín Conxunto urbano de casas rodeadas de xardíns. A primeira cidade xardín de Europa fundouse ao norte de Londres a comezos do século XX. Gas cidade VÉXASE gas

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!