clérigo
Audio 1

clérigo substantivo masculino1 Na Idade Media, persoa letrada e sabia. O clérigo caracterizábase polo seu saber intelectual, a diferenza do cabaleiro guerreador, que exhibe sobre todo a destreza no uso das armas.2 Persoa que, nas relixións cristiás, entrou na vida eclesiástica ao recibir as ordes sagradas. Os monxes e curas son clérigos. SINÓNIMO eclesiástico3 No Islamismo, dirixente relixioso. Un clérigo iraní pediu un castigo duro para unha actriz que saíu con saia curta na televisión. FRASES E EXPRESIÓNS CON clérigo Clérigo de coroa Clérigo que só tiña a primeira tonsura. Dixo que era clérigo de coroa para inhibirse da xustiza real. Clérigo de maiores Clérigo que conta con unha ou coas tres principais ordes maiores (sacerdocio, diaconado ou subdiaconado). Causa civil entre Diego Martínez de Viloria, clérigo de maiores e beneficiado na parroquial de Turiso, e Diego de Guinea Salazar. Clérigo de menores Clérigo que só tiña as ordes menores ou algunha delas. O clérigo de menores casado, para gozar o privilexio do foro, debe prestar servizo actualmente nalgunha igrexa e levar coroa e hábito clerical. Clérigo de misa Eclesiástico ordenado para dicir misa. O que non sexa clérigo de misa non participará nas rendas desta capelanía. Clérigo secular Clérigo que vive entre a xente común e non nun convento ou comunidade como as ordes relixiosas. Os bispos, arcebispos, sacerdotes, presbíteros e diáconos son clérigos seculares.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!