clase
Audio 1

clase substantivo feminino1 Grupo de individuos ou obxectos con características comúns, que resultan da división dun conxunto. Distintas clases de mazás. SINÓNIMOS casta, caste, variedade Literatura para certa clase de público. SINÓNIMO categoría Non me gusta esa clase de vida. SINÓNIMOS tipo, xénero2 Rango dunha cousa segundo o seu valor ou calidade. Carne de primeira clase. Vagón de primeira clase.3 Bioloxía Categoría taxonómica, situada entre a división e a orde, que se emprega na clasificación dos animais, as plantas e os microorganismos. A clase dos mamíferos.4 Conxunto de persoas que, no grupo social, teñen en común determinado xénero de vida, categoría e nivel social. É de clase alta. CONFRÓNTESE condición, estamento5 Conxunto de alumnos, dun centro de educación, agrupados segundo o nivel de ensino. É o primeiro da clase.6 Ensinanza dada por un profesor aos alumnos sobre unha determinada materia. As clases duran unha hora. Clase de xeografía. CONFRÓNTESE lección7 Sala destinada ao desenvolvemento da docencia nun centro de ensino. Está pechada a porta da clase. SINÓNIMO aula FRASES E EXPRESIÓNS CON clase Clase pasiva Conxunto de persoas que xa non realiza ningunha actividade laboral e que cobra unha pensión da Administración. Hai unha fonda preocupación polo respecto dos dereitos da clase pasiva e polas expectativas dos futuros xubilados. Clase social Clase (acepción 4). A novela trataba dos amores ilícitos entre dúas persoas de diferente clase social.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!