cobra
Audio 1

cobra1 substantivo feminino1 Réptil sen patas da suborde dos ofidios, de corpo longo e cilíndrico e pel con escamas, do cal existen moitas especies de distintas cores e tamaños, algunhas das cales son velenosas. Atoparon unha cobra agachada entre unhas pedras. SINÓNIMOS becha, bicha, cóbrega, serpe, serpente2 Serpe grande e velenosa das rexións cálidas de África e Asia que se caracteriza por poder dilatar as costelas anteriores do esqueleto e da que existen numerosas especies. Un encantador de cobras. FRASES E EXPRESIÓNS CON cobra Botar sapos e cobras pola boca Botar xuramentos e insultos. Daba medo sentir como botaba sapos e cobras por aquela boca. Cobra de cen pés Animal da orde dos quilópodos, do que existen diversas especies, que se caracteriza por ter o corpo alongado, dividido en numerosos segmentos e cada un deles con cadanseu par de patas. Tiña medo da cobra de cen pés desde que lera que posuía unha glándula velenosa. SINÓNIMO cempés Cobra do mar Agulla brava. A cobra de mar ten o fociño alongado. Pan de cobra VÉXASE pan

cobra
Audio 1

cobra2 substantivo feminino Literatura Estrofa empregada na lírica trobadoresca, que constituíu unha unidade poética e musical integrada por un número variable de versos. As cantigas medievais galego-portuguesas podían ter cobras de dous a trece versos.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!