codia
Audio 1

codia substantivo feminino1 Parte exterior dura que se forma en certos corpos, en particular nos alimentos como o queixo ou o pan. Gústame a codia do pan cando sae do forno.2 por extensión Parte externa e máis dura que envolve algúns froitos. No arroz con leite sempre lle bota a cocer a codia de medio limón. SINÓNIMOS cacha3, carapa, carapela, casca, monda, para1, paraza, pel, pela1, peladura, peleca, pelica, plana, tona3 Anaco pequeno de pan. Se tes fame colle unha codia dese bolo que aínda está quentiño. SINÓNIMOS carocha, carocho, codecha, codela, codelo, corrosco CONFRÓNTESE cantelo, carolo, rocho24 Capa exterior das árbores. Os seus dedos eran anchos e cheos de asperezas como a codia dun piñeiro. Sangraba o bidueiro dándolle un corte na codia. SINÓNIMOS casca, tona5 Parte externa ou superficial de algo, sexa concreto ou abstracto. A apertura do océano produciuse mediante un adelgazamento da codia continental. O novo ideal europeo era doado de atopar baixo a codia creada polas grandes catástrofes que Europa vivira nos derradeiros anos. A erosión producida no paso dos anos foi labrando a codia das laxes. CONFRÓNTESE tona FRASES E EXPRESIÓNS CON codia Codia terrestre Capa máis superficial da Terra. A codia terrestre ten arredor de trinta e cinco quilómetros de grosor.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!