columna
Audio 1
Audio 2

columna substantivo feminino1 Arquitectura Elemento xeralmente de forma cilíndrica, con moita máis altura ca diámetro, composto de base, fuste e chapitel, sobre o que se apoia o teito ou outras partes do edificio, aínda que ás veces se emprega só como adorno. Un claustro rodeado de columnas. CONFRÓNTESE piar22 Forma máis ou menos alongada que adoptan os fluídos na súa subida. A columna de fume víase dende lonxe.3 Conxunto de cousas dispostas en vertical, unha enriba doutra. Varias columnas de libros desordenados ocupaban o seu escritorio.4 Cada unha das divisións verticais da páxina impresa dun periódico ou libro. Unha noticia publicada a catro columnas.5 Sección fixa dun comentarista nun xornal. Leo cada día a súa columna.6 Milicia Conxunto de soldados ou forzas militares dispostos en liña, uns detrás doutros. Unha columna de soldados e de carros de combate avanzaban cara ao inimigo.7 Anatomía Conxunto das vértebras dispostas en fila e articuladas entre si, que forma o eixe do esqueleto dos animais vertebrados. Ten desgaste de columna. SINÓNIMOS aranguelo, arelo, carrelo2, carriñouzo, cernizo, cerrizo, columna vertebral, espiña, espiña dorsal, espiñazo, fío do lombo, lombelo, raque FRASES E EXPRESIÓNS CON columna Columna rostrada Columna adornada cos rostros das naves inimigas, que constituían os trofeos de guerra na antiga Roma. A columna rostrada foi utilizada tamén na arquitectura neoclásica. SINÓNIMO columna rostral Columna rostral Columna rostrada. Unha columna rostral conmemoraba a creación do porto. Columna salomónica Columna co fuste labrado en espiral. Nos retablos barrocos son moi empregadas as columnas salomónicas. Columna vertebral Anatomía Columna (acepción 7). Diagnosticáronlle unha desviación da columna vertebral. Quinta columna Grupo organizado que, nun país en guerra, actúa clandestinamente a favor do inimigo. Consideraban que dentro da capital había unha quinta columna que apoiaría aos que querían conquistala.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!