comedia
Audio 1
Audio 2

comedia substantivo feminino1 Obra de teatro en que se presentan, nun ton pouco serio ou cómico, caracteres e costumes e que ten un final feliz. Estase a representar unha comedia moi divertida.2 Xénero constituído por este tipo de obras. Molière é un mestre da comedia.3 Película de cine en que se presentan, nun ton pouco serio ou cómico, caracteres e costumes e que ten un final feliz. Unha comedia americana.4 Escena da vida cotiá que produce risa. Aquilo era unha comedia!5 Actitude finxida para enganar. Déixate de facer comedia, que xa te coñecemos todos! SINÓNIMOS argallada, farsa, pantomima, teatro FRASES E EXPRESIÓNS CON comedia Alta comedia Comedia que representa situacións propias da aristocracia ou alta burguesía. A alta comedia nace como antídoto contra os excesos do drama romántico. Comedia da arte Comedia propia do teatro italiano do século XVI, que ten entre os seus personaxes fixos a Arlequín, Colombina etc. Na comedia da arte os personaxes improvisaban a acción e os diálogos. Comedia de capa e espada Comedia propia do teatro do século XVII, onde se representaban lances amatorios e cabaleirescos. O público divertíase coas comedias de capa e espada. Comedia de costumes Comedia que describe os actos e costumes propios da vida social. O cultivo da comedia de costumes é importante durante o século XVIII. Comedia de figurón Comedia propia do teatro español do século XVII, onde o protagonista é un personaxe ridículo ou extravagante. É autor de varias comedias de figurón.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!