comida
Audio 1
Audio 2

comida substantivo feminino1 Calquera cousa que se pode comer, en particular cando está preparada debidamente para ese fin. Levaban comida para varios meses. SINÓNIMO alimento Hoxe hai arroz con polo de comida.2 Parte comestible dalgúns animais ou plantas. As minchas teñen pouca comida. Os pexegos aqueles aínda tiñan ben comida.3 Acción de comer, polo xeral a unhas horas máis ou menos fixas, especialmente ao mediodía. Hoxe hai carne guisada para a comida. SINÓNIMO xantar2 Durante a comida non fala moito. Fai tres comidas ao día.

comido, comida
Audio 1
Audio 2
Audio 3

comido (feminino: comida) participio1 Participio do verbo comer. adxectivo2 [Persoa] que xa comeu. Non agardedes por min que vou ir comido.3 Que se comeu. Quitou do saco as patacas comidas dos ratos. FRASES E EXPRESIÓNS CON comido O comido polo servido Expresión con que se indica que o beneficio obtido nun traballo só serve para compensar os gastos ou o esforzo realizados. Pensabamos conseguir máis beneficio, pero ao final saíu o comido polo servido.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!