compoñer
Conxugar
Audio 1

compoñer /verbos/compoñer.html Para todas as acepcións SINÓNIMO compor(se) verbo transitivo1 Xuntar da maneira adecuada os distintos elementos que forman [unha cousa]. Compoñer un xoguete coas súas pezas.2 Formar as cousas ou as persoas que se expresan [un conxunto único]. O equipo de fútbol compóñeno once xogadores. SINÓNIMOS constituír, formar, integrar3 Crear [unha obra literaria ou musical]. Compón versos desde moi neno. Compuxo unha canción dedicada a unha amiga. Tamén absoluto Utiliza sempre o piano para compoñer.4 Pór no seu sitio [certas cousas que saíran del]. Os compostores compoñen ósos. SINÓNIMOS amañar, ensortellar ANTÓNIMOS derrancar, desartellar, desarticular, descompoñer, descompor, desconxuntar, desensortellar, desortellar, dislocar, esnogar, luxar15 Pór en bo estado [un aparello ou mecanismo que non funcionaba ben]. Levou a máquina avariada ao taller para que lla compuxesen.6 Preparar [a alguén] con vestidos, peiteados e adornos, para causar boa impresión. Compuxo a súa neta para a festa de aniversario. SINÓNIMOS amañar, aviar7 Imprenta Arranxar para a impresión [unha plana, unha palabra, unha liña] xuntando os caracteres que as forman. Compoñer a páxina dun xornal. verbo pronominal8 [Alguén] prepararse con vestidos, peiteados e adornos, para causar boa impresión. Compúxose para ir ao baile. SINÓNIMOS amañarse, aviarse, CONFRÓNTESE acicalarse, aderezarse, adobiarse, ataviarse, atilarse, enfeitarse, engalanarse9(compoñer de) [Un conxunto] estar formado ou constituído pola cousa ou cousas que se expresan. A máquina componse de varias pezas. SINÓNIMO constar

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!