confundir
Conxugar
Audio 1

confundir /verbos/confundir.html verbo transitivo1 Pensar equivocamente que [unha persoa ou cousa] é outra. Sempre o confundo con teu irmán. Son xemelgas e sempre as confunden. ANTÓNIMOS diferenciar, distinguir2 Facer que [alguén] tome unha persoa ou cousa por outra. Confundíchesme e collín outro camiño. SINÓNIMOS atrapallar, equivocar, trabucar3 Xuntar ou mesturar [unhas cousas con outras] de xeito que non se distinguen ou non se entenden. Confunde todos os papeis, notas e libros no seu despacho, e despois non sabe onde buscar cada cousa.4 Perturbar o espírito de [alguén], deixalo sen saber que dicir ou sen poder reaccionar. O seu cinismo confúndeme. Confundiron o pobre rapaz con tantas atencións que non esperaba. SINÓNIMOS desconcertar, desnortar, desorientar CONFRÓNTESE atordar, atrapallar verbo pronominal5 [Algo, alguén] ser imposible de distinguir, por estar xunto ou mesturado con outras cousas ou persoas con que ten relación, pola súa complexidade etc. As ideas confundíanselle na mente, coidaba que non entendía nada. Meteuse no mercado e confundiuse entre a xente.6 Tomar, dicir ou facer unha cousa distinta da que se pretendía ou da que ten que ser en realidade. Xa me volvín confundir, esta non é a rúa que buscaba. SINÓNIMOS enganarse, equivocarse, trabucarse Confundinme, quería dicir outra cousa.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!