contra
Audio 1

contra2 preposición1 En oposición a, tanto no sentido material coma no inmaterial. Dixo duras palabras contra o seu inimigo. Facer algo contra os seus desexos. SINÓNIMO contra de2 Na proximidade temporal. Chegarei contra as nove. SINÓNIMOS cara a, contra de, sobre13 En dirección a. Pon os libros contra ese lado do armario. SINÓNIMO contra de4 Expresa a posición dunha cousa en contacto con outra que está en sentido vertical. Apóiate contra a parede. SINÓNIMO contra de substantivo masculino5 Circunstancia desfavorable ou contraria para a realización de certa cousa. Analizar os contras dunha empresa arriscada. ANTÓNIMO prol FRASES E EXPRESIÓNS CON contra Contra de locución preposicional Contra (acepcións 1, 2, 3, 4). Apertouno contra de si e deulle un bico. Venme buscar contra das oito. Arrima o pau contra da parede. Contra o día Ao amañecer. Chegou á casa da festa contra o día. Contra o reloxo VÉXASE reloxo En contra En sentido contrario. Cantos están en contra e cantos a favor? En contra de Contra a persoa ou cousa que se expresa. Estou en contra da decisión que se tomou. Levar a contra Oporse ou dicir o contrario do que di outro. Déixao, non lle leves sempre a contra. Pola contra Ao contrario. Pensei que era moi caro, e pola contra, saíume moi barato.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!