control
Audio 1

control substantivo masculino1 Acción de comprobar, vixiar ou levar conta dunha cousa da que interesa manterse informado. A empresa establece estritos controis de calidade dos seus produtos. SINÓNIMOS comprobación, inspección, vixilancia ANTÓNIMO descontrol Pasamos o control da alfándega. SINÓNIMO inspección Levar o control dos gastos.2 Acción de dominar, dirixir ou regular, e capacidade de exercer esa influencia. O control das potencias sobre os pequenos países. SINÓNIMO dominación Perdeu o control de si mesmo e rompeu a chorar. SINÓNIMO dominio Unha nave guiada por control remoto. CONFRÓNTESE dirección, mando23 Regulación sobre un sistema. Buscaban o encargado do control de son.4 Oficina ou lugar onde se realiza unha vixilancia. Para entrar na fábrica hai que pasar os controis e ensinar o carné de identidade.5 Exercicio ou exame sobre unha parte da materia para comprobar o nivel de coñecementos dos alumnos. A maioría dos alumnos superaron o control de lingua galega. FRASES E EXPRESIÓNS CON control Control remoto Dispositivo que permite regular a distancia o funcionamento dun aparello ou mecanismo. Para realizar fotografías a gran profundidade precísanse cámaras con control remoto. Torre de control VÉXASE torre

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!