corazón
Audio 1

corazón substantivo masculino1 Anatomía Órgano de natureza muscular, responsable da circulación do sangue nos animais, que está, no caso do home, na parte media esquerda da cavidade do peito. Sentía os latexos do corazón. Tivo un ataque ao corazón. CONFRÓNTESE cardíaco2 figurado Este órgano, considerado como sede do amor, a xenerosidade, o conxunto de sentimentos afectivos. Entregoulle o corazón á súa amada. É unha boísima persoa, todo corazón.3 figurado O mesmo órgano, considerado como sede do valor, o ímpeto, a forza de vontade. Puxo todo o corazón no intento. Xogaron con moito corazón pero con pouca técnica.4 Parte central dunha cousa, o seu núcleo, particularmente tratándose de froitas e de troncos de árbores. Enguliu a mazá enteira, corazón e todo. SINÓNIMOS cadrozo, canoto, cañoto, carolo, carozo Unha escultura feita de corazón de carballo. SINÓNIMOS cerna, durame A expedición internouse no corazón da selva. substantivo masculino plural5 Un dos catro paus da baralla francesa, que se representa mediante un corazón. OBSERVACIÓNS: Tamén se emprega ás veces en singular O oito de corazóns. FRASES E EXPRESIÓNS CON corazón Abrir o corazón Mostrar sinceridade cunha persoa. Abriume o corazón e contoume o que lle estaba pasando. Apertarse o corazón VÉXASE apertar Bater o corazónLatexar O corazón batíalle no peito. Co corazón na man Tal como se sente. Dígocho co corazón na man. Co corazón nun puño Angustiado polo que poida ocorrer. Vou co corazón nun puño, non sei o que pode pasar. Dar o corazón (algo)Presentir Xa me daba o corazón que non ía vir. SINÓNIMOS dar a alma, dar o corpo De corazón locución adverbial Con sinceridade de sentimentos. Dígocho de corazón. SINÓNIMO de todo corazón De todo corazón De corazón. Deséxoche sorte, de todo corazón. Encollérselle o corazón (a alguén) Sentir arrepío ou compaixón por algo. Só de pensalo xa se me encolle o corazón. Facer das tripas corazón VÉXASE tripa Partir o corazón (a alguén) Causarlle unha gran mágoa ou aflición. Párteseme o corazón ao velo tan mal. Saír (algo) do corazón Ser sincero ou realmente sentido. Díxenllo tal cal, saíume do corazón.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!