corda
Audio 1
Audio 2

corda substantivo feminino1 Conxunto de fíos de materiais variados, como esparto, nailon etc., retorcidos uns sobre os outros formando unha única peza longa e estreita. Levaba as vacas prendidas cunha corda. Atoume cunha corda á cadeira. CONFRÓNTESE adival, cable, cabo, cadea, cordel, cordón, soga As cordas do ring. Afrouxáronlle as cordas da raqueta. O funámbulo ensaiaba os exercicios da corda.2 Cada un dos fíos de metal, nailon etc., que levan certos instrumentos musicais, os cales, ao vibraren, producen o son. Rompeulle unha corda á guitarra.3 Resorte co que se dá movemento a certos mecanismos, como o dos reloxos. Un xoguete de corda.4 Xogo infantil que consiste en saltar por riba dunha corda á que, prendida polos cabos, se lle dá voltas. Xogar á corda. Saltar á corda.5 popular Órgano formado por fibras de cor branca brillante, moi resistentes, que unen os músculos aos ósos. Foi ao compoñedor a que lle amañase as cordas que lle saíran do sitio. SINÓNIMO tendón6 Matemáticas Segmento que une dous puntos dunha curva. Unha corda de circunferencia de dous centímetros.7 Música Voz das catro fundamentais de baixo, tenor, contralto e soprano. Hai pouco tempo que pasou á corda de barítonos. FRASES E EXPRESIÓNS CON corda Coa corda ao pescozo Nunha situación de perigo ou dificultade. Houbo que axudarlle porque estaba coa corda ao pescozo. SINÓNIMO coa auga ao pescozo Corda do embigo Anatomía Cordón umbilical. Aos dez días de nacer xa lle caera a corda do embigo. Cordas vocais Anatomía Ligamentos que hai na larinxe e que, ao vibraren cando pasa o aire por eles, producen a voz. Ten un nódulo nas cordas vocais. Dar corda 1 Por en disposición de funcionar un mecanismo de corda. Dálle corda ao reloxo que parou nas dez. 2 Dar confianza. Seu pai sempre lle deu corda para que fixese o que quixese. SINÓNIMOS dar trela, dar trenla Tes que lle ir dando corda ao can para que se mova libremente e se achegue á xente. 3 Dar confianza a alguén para que fale moito e sen preocuparse. Décheslle corda e acabou contando todo. SINÓNIMOS dar trela, dar trenla Instrumento de corda VÉXASE instrumento Ser da corda (de alguén) Ser da mesma idea ou pertencer ao mesmo grupo. Con eles non contes porque son da mesma corda.

cordo, corda
Audio 1
Audio 2
Audio 3

cordo (feminino: corda) adxectivo1 Coas facultades mentais normais. Ese rapaz non está cordo de todo. ANTÓNIMOS louco, tolo2 Que actúa con reflexión e prudencia. Unha persoa corda non fai iso. SINÓNIMOS asisado, axuizado, sensato ANTÓNIMOS insensato, irreflexivo

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!