costa
Audio 1
Audio 2

costa substantivo feminino1 Zona de terra que está próxima ao mar, así como a zona de mar próxima á terra. Ao longo da costa atópanse moitas vilas mariñeiras. Por estas costas hai moita pesca. SINÓNIMO litoral CONFRÓNTESE beiramar, mariña, ribeira A Costa da Morte.2 Terreo en pendente, particularmente referido a un camiño ou outra vía. O coche paróuselle nunha costa moi pina. Costa arriba. Costa abaixo. CONFRÓNTESE pendente substantivo feminino plural3 Parte posterior do corpo humano que vai dos ombreiros ata o van. Bateulle nas costas. O vestido deixáballe as costas ao aire. SINÓNIMOS carrelo2, dorso, lombo4 Parte superior do corpo dos animais que vai desde o pescozo ata os cadrís. Colocou a albarda nas costas do burro. SINÓNIMOS carrelo2, lombo5 As costelas e a parte do corpo onde están. Deulle un pau nas costas que case llas rompe.6 Estilo de natación executado boca arriba que consiste en efectuar tracción cos brazos de forma alterna, mentres que as pernas se moven arriba e abaixo para axudar á propulsión e estabilización do corpo. OBSERVACIÓNS: Co verbo nadar utilízase precedido da preposición de Nadar de costas. FRASES E EXPRESIÓNS CON costa Ás costas locución adverbial 1 Sobre os ombros ou o lombo. Levaba un saco ás costas. SINÓNIMOS ao carrelo, ao carricho, ao lombo 2 figurado Ao cargo ou baixo a responsabilidade de quen se indica. Fartouse de levar todo ás súas costas; hai que repartir o traballo. Costas da man A parte de fóra da man, oposta á palma. Tiña unha ferida nas costas da man.

costo, costa
Audio 1
Audio 2
Audio 3

costo (feminino: costa) adxectivoCostento Camiño costo.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!