couce
Audio 1

couce substantivo masculino1 Movemento violento cara a atrás que fan coas patas posteriores certos animais, como as vacas, os cabalos etc. O cabalo daba couces.2 Golpe dado ao realizar ese movemento. Deume un couce que vin as estrelas. SINÓNIMO patada3 Parte inferior e máis grosa dunha árbore. Cortar o piñeiro polo couce. SINÓNIMOS cepa, cepeira, 4 Parte que queda de certas cousas que foron cortadas, como unha árbore ou outra planta. Do couce do castiñeiro nacen caxigos. SINÓNIMOS cepa, cepo, cotaño, coto1, cotón1, coza1, cozo, toco1, zocha Enterrar os couces do millo que quedan ao apañalo. SINÓNIMOS canoto, canouco, cañoto, cotaño, coto1, toco1, trocho15 Xugada ou cabalaría que tira dunha carruaxe ou dun aparello de labranza. Enganchar o couce. Abordelar o couce.6 Marítimo Lado esquerdo dunha embarcación, mirando desde a popa cara á proa. A amura de couce. SINÓNIMOS babor, couso3

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!