cousa
Audio 1

cousa substantivo feminino1 Todo aquilo, determinado ou indeterminado, que existe no mundo real ou no pensamento. Vin moverse unha cousa na escuridade. Sabe moitas cousas. Non lle van ben as cousas. Sempre está imaxinando cousas. Pasan cousas moi estrañas ultimamente.2 O que pertence á realidade material que non é ser vivo. Persoas, animais e cousas. A ciencia e a tecnoloxía descobren cousas novas cada día. CONFRÓNTESE obxecto FRASES E EXPRESIÓNS CON cousa Cousa con cousa En frases negativas cos verbos facer, dicir ou haber, expresa a falta de orde ou de sentido. Non di cousa con cousa. Nesta oficina non hai cousa con cousa. Cousa de Preto da cantidade que se expresa. Chegou hai cousa de dez minutos. Cousa de nada Cousa de pouca importancia. A caída foi cousa de nada, non se magoou moito. Cousa do demo Suceso para o que non se atopa explicación. Xesús!, iso é cousa do demo. Cousa nunca vista Cousa ou suceso extraordinarios. Aquilo foi cousa nunca vista. que marabilla! Por cousa de locución preposicional Por causa de. Non oía ben por cousa do balbordo que alí había. Pouca cousa 1 De pouca importancia ou en pouca cantidade. Pouca cousa tiña feito aínda, tiven que axudarlle. 2 Que é pequeno de corpo. Pouca cousa é, non sei se medirá metro e medio.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!