cruzar
Conxugar
Audio 1

cruzar /verbos/cruzar.html verbo transitivo1 Poñer [dúas cousas] unha sobre a outra, en forma de cruz. Cruzar dúas raias. Cruzar os brazos, as pernas.2 Pasar dun lado ao outro de [algo]. Cruzamos o Atlántico en barco. SINÓNIMO atravesar A ponte cruza o río. Tes que cruzar a ponte.3 Xuntar [individuos vexetais ou animais de diferentes especies ou razas] para obter un novo individuo con características de ambos. Cruzar unha egua cun burro.4 Intercambiar sucesivamente [aquilo que se expresa]. Cruzáronse mensaxes, palabras, insultos, regalos. verbo pronominal5 Quedar colocado de través, oblicuamente ou dun lado a outro con respecto a algo. Cruzóusenos un coche diante e chocamos. SINÓNIMO atravesarse6 [Dúas liñas ou vías] xuntarse nun punto, formando unha cruz. As dúas estradas crúzanse preto de aquí. Dúas liñas en paralelo nunca se cruzan.7 [Persoas ou cousas que seguen o mesmo camiño pero en sentido oposto] encontrarse nun punto. Cruceime con el na rúa. FRASES E EXPRESIÓNS CON cruzar Cruzar (pasar, atravesar) o charco VÉXASE charco Cruzar os brazos Quedar sen facer nada ou indiferente ante unha determinada situación. Cruzou os brazos e non nos axudou a nada.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


    Cal é a palabra?:

    Escolle unha opción:



    Política de Privacidade

    En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

    Demostra que es humano!

    [recaptcha]