cuarto
Audio 1

cuarto1 substantivo masculino1 Peza dunha casa onde se dorme. Cambiou os mobles do cuarto dos nenos. SINÓNIMO dormitorio CONFRÓNTESE alcoba, apousento, cámara2 por extensión Cada un dos compartimentos en que se divide unha casa, normalmente non se inclúen a cociña, o baño e o corredor. No cuarto do fondo instalou un estudio de debuxo. SINÓNIMO peza CONFRÓNTESE dependencia, estancia3 Local onde se concentran todos os órganos similares dunha instalación industrial. Cuarto de máquinas. Cuarto de caldeiras. SINÓNIMO sala FRASES E EXPRESIÓNS CON cuarto Cuarto de aseo VÉXASE aseo Cuarto de baño VÉXASE baño1

cuarto, cuarta
Audio 1
Audio 2
Audio 3
Audio 4

cuarto2 (feminino: cuarta) numeral1 Que nunha serie ocupa o lugar número catro. Esta é a cuarta vez que te aviso hoxe. CONFRÓNTESE cuádruplo É o cuarto libro que leo deste autor. CONFRÓNTESE catro2 [Parte] que corresponde á división dun todo en catro porcións iguais. Como somos catro, pagaremos cada un a cuarta parte da factura. substantivo masculino3 Cada unha das catro partes iguais en que se divide un todo. Naceu no segundo cuarto do século. SINÓNIMO cuartel1 Cuarto de hora.4 Aquel ou aquilo que ocupa o cuarto lugar. Foi o cuarto en chegar á meta. Está de cuarta na lista.5 Cada unha das metades simétricas da parte anterior ou posterior dun animal dividido transversalmente pola metade. Botoulle á sopa un cuarto de polo. Cuartos traseiros. Cuartos dianteiros.6 Cada unha das fases da Lúa, en particular o cuarto crecente e o cuarto minguante. A Lúa está en cuarto crecente. substantivo feminino7 Medida de lonxitude equivalente á cuarta parte dunha vara e que se corresponde coa distancia máxima existente entre o extremo do dedo maimiño e o do polgar, uns vinte centímetros aproximadamente. Hai dúas cuartas de neve. SINÓNIMO palmo8 Medida de capacidade para áridos equivalente á cuarta parte dun ferrado. Tivo que darlle ao maquieiro unha cuarta de trigo.9 Medida de capacidade para líquidos equivalente a oito litros. Mandou o rapaz mercar unha cuarta de viño.10 Cada unha das trinta e dúas divisións da rosa dos ventos. O coñecemento da sucesión das cuartas da rosa permite expresar correctamente o rumbo seguido ou a dirección do vento.11 Música Intervalo entre dúas notas separadas por dous tons e un semitón. As cuartas do piano son lixeiramente altas. FRASES E EXPRESIÓNS CON cuarto Cuarta feira VÉXASE feira Cuarta parte Un cuarto. Comeu el só a cuarta parte da tortilla. Cuarto crecente Fase intermedia entre a lúa nova e a lúa chea, na que a metade iluminada do disco lunar mira a occidente. A lúa en cuarto crecente ten a forma da letra D. Cuarto minguante Fase intermedia entre a lúa chea e a lúa nova, en que a metade iluminada do disco lunar mira a oriente. A lúa en cuarto minguante ten a forma da letra C.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!