curso
Audio 1

curso substantivo masculino1 Movemento dun líquido que segue unha determinada dirección e tamén a propia masa do líquido en movemento. O curso das augas dun río. Un río é un curso de auga. CONFRÓNTESE corrente2 propio e figurado Camiño ou liña que leva un corpo en movemento ou algo que evoluciona. Seguir o curso do río. O curso dos acontecementos. SINÓNIMOS dirección, rumbo, traxectoria3 Paso ou sucesión continua do tempo, considerado nunha certa duración ou período. O curso dos anos, das estacións. SINÓNIMOS decurso, transcurso4 Uso ou circulación de certa cousa que se considera válida ou vixente nun momento dado. Palabras en curso. Billetes fóra de curso.5 Período de tempo durante o que se desenvolve a actividade nun centro de ensino. O curso empeza en setembro.6 Ensino dun conxunto de leccións dunha materia determinada. Cursos de baile. Cursos de galego para estranxeiros.7 Cada un dos niveis nos que se estrutura o ensino dun conxunto determinado de materias nun período de tempo. Quinto curso de carreira. Cursos superiores.8 Tratado de certa materia de ensino. Curso completo de gramática.9 popularAno2 Introducir un supositorio polo curso. SINÓNIMOS censo2, cenzo, cu1 FRASES E EXPRESIÓNS CON curso Dar curso (a algo) Deixar que siga o seu curso ou dirección. Era necesario dar curso á iniciativa privada. SINÓNIMO dar libre curso Dar libre curso (a algo) Dar curso. Cando escribe dá libre curso á imaxinación. En curso 1 Referido ao tempo, corrente. O ano en curso. 2 Que se está a realizar. As reformas en curso. No curso de No transcurso de. Os sucesos ocorreron no curso do partido. Pasar de curso VÉXASE pasar1

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!