dama
Audio 1

dama substantivo feminino1 Tratamento de respecto para designar ás mulleres, en particular ás que son nobres. As damas da alta sociedade. Damas e cabaleiros.2 Peza do xadrez, segunda en importancia despois do rei. Agora non podes mover a dama. SINÓNIMO raíña13 Peza do xogo das damas que se cobre con outra peza da mesma cor cando un dos xogadores chega á primeira liña horizontal do seu adversario. Xa ten dúas damas. substantivo feminino plural4 Xogo no que interveñen dous xogadores, que se executa sobre un taboleiro de cadros brancos e negros con 24 ou 40 pezas que se moven en diagonal e sempre cara a adiante, excepto as damas que poden moverse en calquera dirección. É moi afeccionado ás damas. FRASES E EXPRESIÓNS CON dama Dama de honra 1 Muller que acompaña á noiva na cerimonia do casamento. As irmás da noiva foron as damas de honra. 2 Cada unha das mulleres que servía e acompañaba á raíña, ás princesas ou a grandes señoras. A raíña chegou acompañada polas súas damas de honra.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!