dente
Audio 1
Audio 2

dente substantivo masculino1 Cada un dos órganos do home e doutros animais, de cor branca, duros e calcarios, incrustados no bordo dos maxilares superior e inferior, que serven para morder e triturar os alimentos. Lavar os dentes. Xa case non lle quedan dentes. Os dentes do lobo.2 Cada unha das pezas da dentadura situada na parte dianteira dos maxilares. Quitáronlle un dente e unha moa.3 Parte saínte e aguzada no bordo dunha cousa. Os dentes dun peite, dunha serra, dun piñón.4 Peza do arado paralela ao chan, na que encaixa a rella. As abeacas van suxeitas ao dente. SINÓNIMOS cabeza, dental1, enrelladoira, rastro, rostro5 Cada unha das partes en que se divide unha cabeza de allo. Esta cabeza de allo ten moitos dentes. SINÓNIMOS allo, dente de allo6 Zooloxía Protuberancia na articulación das valvas dos moluscos bivalvos. Os dentes serven como engrenaxe e impiden o desprazamento lateral. FRASES E EXPRESIÓNS CON dente Bater dente con dente Golpear involuntaria e repetidamente os dentes a causa do frío ou do medo. Chegou todo mollado e batendo dente con dente. SINÓNIMOS bater os dentes, tocar os dentes Bater os dentes Golpear involuntaria e repetidamente os dentes a causa do frío ou do medo. Batía os dentes co frío. SINÓNIMOS bater dente con dente, tocar os dentes Dente da mama Cada un dos dentes que lles saen ás crías dos mamíferos e que lles acaban por caer para deixar paso aos definitivos. Aínda ten os dentes da mama. SINÓNIMO dente do leite Dente de allo Dente (acepción 5). Preparou o rustrido con dous dentes de allo. Dente do leite Dente da mama. A nena xa comezou a botar os dentes do leite. Falar entre dentes Falar de xeito que non se entenda nada, rosmar. Marchou enfadado, falando entre dentes. Non chegar a un dente Resultar moi escasa a comida. Bota máis carne na pota, que iso non chega a un dente. Poñer os dentes afiados Provocar un desexo moi forte. O que vin do asunto afioume os dentes. Regañar os dentes Mostrar os dentes de maneira agresiva. O can regañou os dentes e collemos medo. Ser de bo dente 1 Comer moito. Bótalle máis caldo, que este é de bo dente. SINÓNIMO ter bo dente 2 Comer de todo. É de bo dente e para ela todo está bo. SINÓNIMOS ser de boa boca, ter boa boca, ter bo dente Ter bo dente Ser de bo dente. El ten bo dente, pero a súa irmá non lle gusta cousa ningunha. Tocar os dentes Bater os dentes. Empezou a tocar os dentes de tal maneira que parecía unha castañola. Torarse os dentes Ter denteira. Cando sinto afiar os coitelos, tóranseme os dentes.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!