dicir
Conxugar
Audio 1

dicir /verbos/dicir.html Para todas as acepcións Forma menos recomendable: decer verbo transitivo1 Expresar, facer saber [unha cousa] falando. Dixo que quería chegar puntual. Dígocho de verdade. Quen dicía que ían perder? Non quixo dicir como se chamaba. Fala moito pero non di nada. Como se di ‘casa’ en inglés?2 Expresar [unha cousa] por medio da palabra escrita. Xa o di Aristóteles na súa obra. Leme logo a carta do neto, a ver que di.3 Facer saber, dar a entender ou transmitir [unha cousa] por medio dun signo ou de certas manifestacións. Está moi canso; xa llo di a cara. Ese feito di moito no seu favor. Pois a min non che me di nada ese autor. verbo intransitivo4 [Circunstancia, cousa] ser ou non adecuada, vir ben ou mal. Quedou de vir mañá pero non me di nada ben porque quería ir de compras. SINÓNIMOS cadrar, ir Esa saia diche moi ben coa blusa azul. O viño tinto non di nada co peixe.5 [Cousa] ser ou sentar da maneira que se expresa. Este viño di un pouco agre. substantivo masculino6 Expresión oral máis ou menos fixada polo uso. É un dicir da xente, pero eu non lle fago moito caso. CONFRÓNTESE dito FRASES E EXPRESIÓNS CON dicir Coma aquel que di Coma se dixésemos. A guerra aínda acabou onte, coma aquel que di. SINÓNIMO coma quen di Coma quen di Coma aquel que di. É un ninguén, coma quen di. Como cho digo Como cho conto. Foiche así, como cho digo. Como dixo o outro Emprégase cando se vai pór por exemplo unha frase ou dito moi coñecido. Como dixo o outro, vale máis facelo que mandalo. Dar que dicir VÉXASE dar Dicir misa VÉXASE misa Non digo que non Non o nego. Será como dis ti, non digo que non, pero eu vin outra cousa. Non dicir (nin) que si nin que non Non meterse, non dar opinión. Pregunteille se lle parecía ben así, pero non dixo que si nin que non. Non me digas! Manifesta incredulidade ou sorpresa ante unha cousa. Si? Non me digas! Non sei que che (lle, vos...) diga Expresa dúbida ou incerteza. Din que onte ía máis frío, pero non sei que che diga. Que diga(n) misa Que diga(n) o que queira(n). Vou facer como mellor me pareza e os demais que digan misa. Que queres (quere, queredes...) que che (lle, vos...) diga? Expresa dúbida ou incerteza. Que quere que lle diga? Será moi bo, pero para min non o quero. Quen o diría! Quen pensaría tal cousa. Quen o diría! Parecía tan bo e resultou un desgraciado. SINÓNIMOS quen o había de dicir, quen o ía dicir Quen o había de dicir! Quen o diría. Mira que bo mozo fixo, quen o había de dicir! Quen o ía dicir! Quen o diría. Volveuse coma seu pai, quen o ía dicir. Se quere (queres, queredes...) que lle (che, vos...) diga A dicir verdade. Se queres que che diga, non sei que facer. Vai (ide) dicir misa! Vaite, (ídevos); déixame (deixádeme) en paz. Ti queres que pense que a túa proposta é mellor. Anda, vai dicir misa!

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!