escena
Audio 1

escena substantivo feminino1 Parte do teatro onde se fan as representacións. Os actores saíron a escena. SINÓNIMO escenario2 Cada unha das partes en que se dividen os actos dunha obra de teatro e nas que actúan os mesmos personaxes. A escena estaba ambientada na época dos faraóns.3 Calquera parte en que se divide unha obra literaria, radiofónica, cinematográfica etc. Unha escena de amor.4 Representación artística en que aparecen uns personaxes realizando unha acción determinada. Nas paredes da cova poden observarse con máis ou menos claridade distintas escenas de caza.5 Demostración esaxerada de sentimentos ou paixóns, especialmente de enfado. Botou a chorar e fixo unha escena diante de todos.6 Lugar onde acontece algo. A escena do crime. SINÓNIMO escenario FRASES E EXPRESIÓNS CON escena Posta en escena Todo aquilo que se utiliza na representación dunha obra de teatro, como decorado, vestidos etc. A ópera tiña unha posta en escena grandiosa.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!