escuro, escura
Audio 1
Audio 2

escuro (feminino: escura) adxectivo1 Que está privado de luz ou claridade, de xeito que non se ve ou se ve mal. Un cuarto moi escuro. Unha noite escura, sen lúa. ANTÓNIMO claro2 [Cor] que tira ao negro. Esta cor é moi escura.3 Que ten esta cor [cousa]. Roupa escura. ANTÓNIMO claro4 Que se contrapón a outra máis clara da súa mesma clase [cor]. Azul escuro.5 Que ten esta cor [cousa]. Ten dous vestidos marróns, un máis claro e outro máis escuro. ANTÓNIMO claro6 figurado Que non se comprende facilmente. Un escritor de estilo escuro. Un carácter un tanto escuro. ANTÓNIMO claro7 figurado Que non se coñece, que ofrece dúbidas. Un porvir escuro. SINÓNIMO incerto ANTÓNIMO claro8 figurado [Cousa] que infunde sospeita ou desconfianza. Viuse envolto en escuros asuntos.9 figurado [Persoa] sen renome. O protagonista do relato era un escuro e mediocre empregado. FRASES E EXPRESIÓNS CON escuro Ás escuras locución adverbial Sen luz ningunha. Andas ás escuras. CONFRÓNTESE ás apalpadas

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!