esfera
Audio 1

esfera substantivo feminino1 Matemáticas Superficie curva en que todos os puntos están á mesma distancia dun punto interior chamado centro. O conxunto de vectores unitarios do espazo é unha esfera.2 Matemáticas Corpo sólido limitado por unha superficie esférica. Os planetas teñen forma de esfera.3 Superficie do reloxo onde están indicadas as horas e sobre a que xiran as agullas. Este reloxo ten a esfera cadrada.4 figurado Espazo ao que se estende a acción de algo ou alguén. A esfera do prohibido. SINÓNIMO órbita5 Condición social ou rango dunha persoa ou grupo. As altas esferas da política. FRASES E EXPRESIÓNS CON esfera Esfera armilar Instrumento antigo composto de numerosos aneis metálicos que representaban os principais círculos da esfera celeste. A esfera armilar utilizábase antigamente para determinar as posicións estelares. Esfera celeste Esfera imaxinaria de raio indeterminado da que só se pode ver a metade desde a posición do observador, e na que se sitúan os distintos corpos celestes. Localizou as constelacións na esfera celeste. Esfera terrestre Representación do planeta Terra sobre unha esfera. Os meridianos son círculos imaxinarios que o home trazou sobre a esfera terrestre. SINÓNIMO globo terrestre

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!