estrela
Audio 1

estrela substantivo feminino1 Corpo celeste con luz propia. A Estrela Polar indica o norte. CONFRÓNTESE astro12 Obxecto ou figura formada por certo número de raios que parten do mesmo centro. O numero de estrelas indícanos a categoría dos hoteis.3 figurado Destino, fado. Sempre tivo moi boa estrela.4 figurado Persoa que sobresae na súa profesión, especialmente o artista. Ese festival reúne as estrelas máis importantes do cine actual. CONFRÓNTESE astro1 FRASES E EXPRESIÓNS CON estrela Estrela alfa Estrela principal dunha constelación. Trazamos unha coordenada que pasaba pola estrela alfa da Osa Maior. Estrela anana Estrela de luminosidade, masa e tamaño medios ou baixos. O Sol é unha estrela anana. Estrela fugaz Pegada luminosa que deixa un meteoro ao entrar na atmosfera terrestre. Cando vexas unha estrela fugaz, pide un desexo. Estrela de mar Animal mariño da clase dos asteroideos, do que existen diversas especies, en forma de estrela con cinco ou máis brazos. Estaban dúas estrelas de mar enredadas no trasmallo. SINÓNIMOS cercella, estrelamar, gradicela Estrela Polar Estrela da Osa Menor que indica a dirección do polo norte celeste. OBSERVACIÓNS: Escríbese con maiúscula Os mariñeiros guiábanse pola Estrela Polar. Nacer con estrela Ter sorte na vida. Pódese dicir que naceu con estrela. Ver as estrelas Sentir unha dor moi aguda. Collín os dedos na porta e vin as estrelas.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!