falto, falta
Audio 1
Audio 2
Audio 3

falto (feminino: falta) adxectivo1 Que carece daquilo que se expresa, que o posúe en escaseza ou que o necesita. Anda falto de cartos. SINÓNIMOS faltoso, necesitado A despensa está falta de víveres. Unha persoa falta de escrúpulos. substantivo feminino2 Feito de non estar algo ou alguén no lugar onde lle corresponde ou onde se desexaría que estivese. O pastor non se decatou da falta de ovellas no rabaño. SINÓNIMO falla1 As súas constantes faltas á clase foron a causa do suspenso. SINÓNIMO ausencia3 Circunstancia de non haber ou non ter algo que se necesita. A falta de subvencións impediu que avanzase o proxecto. SINÓNIMO falla1 CONFRÓNTESE ausencia, inexistencia, insuficiencia Aquel ano houbera falta de alimentos. SINÓNIMOS carencia, mingua CONFRÓNTESE escaseza Ese rapaz ten falta de cariño. Aquí hai falta de seriedade.4 Aquilo que quita perfección a algo ou alguén. Só ten unha falta, que fala demasiado. SINÓNIMOS defecto, falla1, mancha, tacha Esta tea non a quero porque ten unha falta. SINÓNIMOS defecto, falla1, fallo, imperfección5 Acción ou dito que supón infracción da lei ou do regulamento e que implica sanción. Ese xogador xa leva cometidas varias faltas. Colleron o empregado en varias faltas.6 Acción ou dito que vai en contra dunha norma ou principio. Desobedecer a un maior supón unha falta de educación e de respecto. Cometer faltas de ortografía.7 Supresión da menstruación da muller, xeralmente por causa dun embarazo. Á primeira falta xa soubo que estaba embarazada. FRASES E EXPRESIÓNS CON falto Á falta de No caso de faltar o que se expresa. Á falta dun taboleiro para ir anotando o resultado, faciamos raíñas no chan. SINÓNIMO á falla de Botar en falta Notar a ausencia dunha persoa ou cousa. Ao entrar no cuarto botou en falta o cadro dos avós. SINÓNIMO botar en falla Facer falta Ser necesario, ser preciso. Fai falta máis fariña para facer o biscoito. SINÓNIMO facer falla Sen falta Puntualmente, de forma imperiosa, sen fallar. Mañá pola tarde sen falta, telo na casa.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!