feito, feita
Audio 1
Audio 2
Audio 3

feito (feminino: feita) participio1 Participio irregular do verbo facer. adxectivo2 Que acadou o desenvolvemento completo ou o punto debido. Unha muller feita. SINÓNIMO entrego O viño feito.3 Que é agradable á vista, de belas faccións. Esa nena éche moi feita. SINÓNIMOS bonito2, guapo ANTÓNIMOS feo2, laido4 Que é apropiado e adecuado para algo. Búscame un pau ben feito para facer un tiracoios. SINÓNIMOS axeitado, xeitoso substantivo masculino5 Acción ou efecto de facer ou causar algo. Delatábano os seus propios feitos. SINÓNIMOS acción, acto, obra6 O que pasou ou tivo lugar. O policía preguntoulle polo desenvolvemento dos feitos. SINÓNIMOS acontecemento, suceso CONFRÓNTESE acaecemento substantivo feminino7 Acción ou efecto de levar algo a cabo. O que fai as feitas, fai as sospeitas. FRASES E EXPRESIÓNS CON feito A feito locución adverbial Seguido, de maneira ordenada e sen deixar nada atrás, sen escoller. É mellor segar a feito. SINÓNIMOS a eito, de a feito De a feito locución adverbial A feito. Colle as patacas na pía de a feito. De feito locución adverbial En efecto, en realidade. Non estaba implicado; de feito el mesmo solicitou ser investigado. Desta feita Desta vez, desta maneira. Desta feita habemos gañar. Desta feita non lles vexo traza de aprobaren. Dito e feito VÉXASE dito Feito e dereito Totalmente desenvolvido. Xa vai un mociño feito e dereito. SINÓNIMO entrego Feito un (unha) + substantivo Tal como aquilo que expresa o substantivo. Volveu feito un mozo. Meu dito meu feito VÉXASE dito

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!