ferro
Audio 1

ferro substantivo masculino1 Química Elemento químico metálico de transición, de cor parecida ao gris, moi abundante na natureza e fácil de traballar, polo que ten numerosas aplicacións na industria e nas artes. O seu símbolo é Fe. O imán atrae o ferro.2 Instrumento ou obxecto de ferro. Remexe as brasas co ferro da cociña.3 Instrumento de ferro que se emprega para ferrar o gando. Quentaron o ferro nas brasas ata que estivo candente.4 Marca que deixa este instrumento. Polo ferro recoñecerán os nosos cabalos.5 Peza de ferro que forma parte dunha arma ou doutro obxecto. O ferro da lanza. substantivo masculino plural6 Instrumentos de ferro que se empregan para manter inmobilizado un prisioneiro. Ponlle os ferros ao preso. FRASES E EXPRESIÓNS CON ferro Bater en ferro frío Facer algo sen ter resultado ningún. Tantas veces levo batido en ferro frío que xa non o volvo intentar. De ferro Que semella de ferro pola súa dureza ou resistencia. Ten unha saúde de ferro. CONFRÓNTESE ferreño, férreo Ferro de pasar Instrumento consistente nunha prancha que se quenta por medio da electricidade, carbón etc., e que se pasa sobre a roupa para quitarlle as engurras. Queimouse co ferro de pasar. Ferro do montePauferro Dígalle a ese túzaro que se garde de meterlle o ferro do monte ao valado para roubar a pedra. Ferro forxado Ferro traballado na forxa. Puxo unha reixa de ferro forxado. Ferro fundido Aliaxe de ferro que contén carbono. O ferro fundido pode usarse para fabricar útiles de cociña como tixolas. Ferro galvanizado Ferro cuberto por unha película de cinc como protección contra a ferruxe. Unha porta de ferro galvanizado. Idade de Ferro VÉXASE idade Pasar o ferro Tornar lisa a roupa co ferro de pasar. Botou a mañá fregando e pasando o ferro. Pau de ferro VÉXASE pau

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


    Cal é a palabra?:

    Escolle unha opción:



    Política de Privacidade

    En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

    Demostra que es humano!

    [recaptcha]