festa
Audio 1

festa substantivo feminino1 Conxunto de actos de carácter alegre organizados co fin de celebrar ou conmemorar un feito ou de lembrar a un personaxe, sexan estes civís ou relixiosos. Festa da Constitución. Festa da Ascensión. SINÓNIMO festividade Celebra o seu aniversario cunha festa.2 Día en que se celebran eses actos. O martes non se traballa: é festa. SINÓNIMOS día de festa, día festivo3 Diversión ruidosa. Sempre anda de festa. SINÓNIMOS algueirada, carallada, chola2, esmorga, folía, foliada, gandaina, pándega, rexouba, riola, ruada, troula, trouleo, xolda CONFRÓNTESE garulada4 Cousa que dá alegría. A visita dos avós sempre é unha festa. substantivo feminino plural5 Afagos ou caricias que se fan para conseguir algo. Faille festas ao neno para que non chore. Fíxolle festas para que o deixase saír.6 Conxunto de días de festa. As festas do Nadal. Festas do Apóstolo. FRASES E EXPRESIÓNS CON festa Boas festas Expresión con que se felicita polas festas, especialmente polas do Nadal e as de Pascua. Boas festas e feliz Aninovo! Día de festa Festa (acepción 2). Como o xoves é día de festa, faremos ponte. Festa de gardar Aquela na que hai que deixar de traballar e hai que oír misa, por mandato da Igrexa. Os domingos son festas de gardar. Festa rachada Festa grande, celebrada con todo o luxo e sen que falte de nada. Cando aprobou fixo festa rachada. Non estar para festas Non estar de bo humor. Déixao, que hoxe non está para festas. Sala de festas VÉXASE sala

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!