fila
Audio 1

fila substantivo feminino1 Serie de persoas ou cousas colocadas unha a continuación doutra, formando unha liña. Espetouse contra unha fila de coches que estaban alí estacionados. SINÓNIMOS fileira, rea, ringleira, riola Púxose na fila para coller as entradas. SINÓNIMO cola3 Ponte á fila. SINÓNIMO cola3 FRASES E EXPRESIÓNS CON fila En fila Formando unha fila. As botellas están en fila. En fila india Un detrás do outro. Para entrar no colexio deben colocarse en fila india. Fila de espera Informática Lista de programas, aplicacións, tarefas ou chamadas que esperan a ser procesados, presentados xeralmente na orde de chegada. O servidor non daba atendido os procesos solicitados e colocábaos na fila de espera. Fila de impresión Informática Sistema de almacenamento intermedio dun computador que permite a colocación de varios traballos dirixidos á impresora, sen ter que agardar a que remate un para enviar o seguinte. Quedan dous traballos pendentes na fila de impresión.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!