fin
Audio 1

fin substantivo1 Momento no que non continúa máis, deixa de facerse ou de ter lugar algo. Este traballo está chegando á súa fin. SINÓNIMOS cabo, conclusión A fin de mes. A fin do imperio. ANTÓNIMOS nacemento, orixe O fin da película. SINÓNIMOS final, remate, termo2 ANTÓNIMOS comezo, empezo1, encomezo, inicio, principio CONFRÓNTESE finalización2 Cousa determinada que se pretende conseguir. Lograr o fin que se pretende por calquera medio. SINÓNIMOS finalidade, meta, obxectivo, obxecto, propósito FRASES E EXPRESIÓNS CON fin Á fin 1 Expresión que se emprega para indicar que a acción se realizou despois de pasar moito tempo ou de superar moitas dificultades. Despois de todas as penurias económicas que pasaron, á fin poden respirar. SINÓNIMOS ao fin, por fin 2 Na última parte de certa acción ou suceso. Por que tanto discutir e pelexar se á fin todo vai ser para vós. SINÓNIMOS ao fin, finalmente A fin de Expresa a finalidade. A fin de convencelo fai o que sexa. SINÓNIMO co fin de A fin do mundo 1 Lugar moi apartado. Acompañaríaa ata a fin do mundo. 2 Gran calamidade. Non te preocupes, que isto non é a fin do mundo. Á fin e ao cabo Expresión que introduce un argumento que reforza unha afirmación anterior. Debías valerlle, á fin e ao cabo é amigo teu. SINÓNIMOS ao fin e ao cabo, no fin de contas Ao fin locución adverbial Á fin. Toda a tarde buscándoo e ao fin dei con el. Ao fin decidiu vir connosco. Ao fin e ao cabo Á fin e ao cabo. Era o que el quería ao fin e ao cabo. Co fin de A fin de. Pediullo co fin de facer unha copia. En fin Úsase para expresar a consecuencia ou o resultado a que se chegou. En fin, cómpre adoptar medidas para cambiar a situación. SINÓNIMOS en conclusión, no fin de contas Fin de ano Noite do trinta e un de decembro ao un de xaneiro. O fin de ano pasarémolo coa familia. SINÓNIMO noitevella Fin de semana Período de descanso que adoita comprender o sábado e o domingo. Esta fin de semana irémonos de viaxe. No fin de contas 1 En fin. No fin de contas non lle entendín nada do que dixo. 2 Á fin e ao cabo. Que o faga el, no fin de contas a responsabilidade é súa. Por fin Á fin. Por fin chegou o verán! Ser o fin Resultar difícil de aguantar. Isto, para min, xa é o fin.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!