fociño
Audio 1

fociño substantivo masculino1 Parte máis ou menos prolongada da cara dos mamíferos, onde está a boca e o nariz. O fociño do porco, da vaca. SINÓNIMO morro2 por extensión Parte da cara das persoas que comprende a boca e o nariz. OBSERVACIÓNS: Úsase a miúdo en plural Vai lavar os fociños.3 Parte saínte da cara, entre a fronte e a boca, que intervén na respiración e onde reside o sentido do olfacto. Asoa o fociño que che están saíndo os mocos. SINÓNIMOS nariz, nefres CONFRÓNTESE nafra, napia FRASES E EXPRESIÓNS CON fociño De fociños locución adverbial Dando coa cara contra algo nunha caída ou golpe. Caeu de fociños. SINÓNIMO de bruzos Foi de fociños contra a parede. Lamber os fociños coloquial Pasar a lingua polos labios unha ou varias veces. Aínda non probara o doce e xa lambía os fociños. SINÓNIMOS lamber o bico, lamber os peteiros Meter os fociños (en algo) Intervir alguén nun asunto alleo sen que lle sexa pedido, causando molestia. Non metas os fociños onde non debes. Torcer o fociño Manifestar desacordo con algo. Torceu o fociño porque lle pareceu moito o que tiña que pagar. SINÓNIMO torcer o bico

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!