folla
Audio 1

folla substantivo feminino1 Botánica Órgano vexetal, de cor xeralmente verde e forma de lámina delgada, que nace no talo, nas pólas ou, en certos casos, nas raíces das plantas. Unha folla de carballo.2 O conxunto destes órganos. A caída da folla. Unha árbore con moita folla.3 Cada un dos órganos vexetais que conforman a corola das flores. Quitoulle todas as follas á margarita. SINÓNIMO pétalo4 por extensión Lámina delgada de calquera material. Unha folla de aluminio.5 Lámina rectangular de papel. Vou escribir nesta folla.6 Lámina metálica dos instrumentos e armas cortantes. Ten coidado coa folla da navalla.7 Parte das portas ou ventás que se abre e se cerra. Unha porta de dúas follas. FRASES E EXPRESIÓNS CON folla Folla branda Carne da parte superior da coxa do gando vacún. Mercou bistés de folla branda. Folla de afeitar Lámina de aceiro moi fina e delgada, que constitúe a parte cortante dunha máquina de afeitar. Fixo un corte na cara coa folla de afeitar. Folla de bacallau Bacallau enteiro e salgado, preparado de xeito que presenta unha forma delgada e alongada. Para preparar este prato, precisas media folla de bacallau e catrocentos gramos de arroz. Folla de cálculo Informática Programa informático que permite facer operacións de cálculo con rapidez. Elaborou a factura coa axuda dunha folla de cálculo. Folla de ruta Documento no que constan datos como o itinerario, destino, destinatario etc., das mercadorías que son transportadas. O axente procedeu á inspección da folla de ruta. Folla de servizos Documento no que constan os antecedentes persoais e profesionais dun funcionario público. Tras trinta e cinco anos de profesión, retirouse cunha folla de servizos impecable. Folla dura Carne da parte central da coxa do gando vacún. Este anaco de folla dura vouno asar.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!