fondo, fonda
Audio 1
Audio 2
Audio 3
Audio 4

fondo (feminino: fonda) adxectivo1 Que ten o fondo lonxe da superficie ou da saída. Unha cova moi fonda. A árbore ten as raíces moi fondas. SINÓNIMO profundo2 figurado [Sentimento] que se dá nun grao moi elevado. Unha fonda amizade. Unha fonda tristura. SINÓNIMOS intenso, profundo ANTÓNIMO superficial substantivo masculino3 Parte máis baixa dunha cousa oca. O fondo dunha caixa. O fondo dun barril.4 Superficie sólida sobre a que descansa a auga dun río, pozo etc. O fondo do mar.5 Parte máis afastada con relación a un punto de referencia. No fondo da sala hai unha mesa. A miña casa está no fondo da rúa.6 Distancia que hai desde a parte máis alta á máis baixa de algo. O pozo ten dez metros de fondo. SINÓNIMOS fondura, profundidade7 Distancia que hai desde a parte anterior á posterior de certas cousas. O estante ten corenta centímetros de fondo. SINÓNIMO ancho8 Parte que, nunha tea ou superficie, adoita presentar unha única cor sobre a que destacan outras cores, figuras ou deseños. Mercou unha tea co fondo vermello e lunares brancos.9 figurado O máis fundamental dun asunto. Imos entrar no fondo do problema.10 Condición moral dunha persoa. É unha rapaza con moi bo fondo.11 Conxunto de libros, documentos ou obras de arte que pertencen a unha biblioteca, museo ou outra entidade. O museo conta cun importante fondo de obras pictóricas. Durante a guerra, destruíronse parte dos fondos da biblioteca.12 Deporte Resistencia física. Vai ao ximnasio para aumentar o seu fondo.13 Deporte Carreira de longo percorrido. Os maratóns son carreiras de fondo. substantivo masculino plural14 Cantidade dispoñible de diñeiro. A empresa non ten fondos para facer esa compra. SINÓNIMO capital15 Marítimo Parte do casco dunha embarcación que queda somerxida na auga. Están a reparar os fondos do buque. FRASES E EXPRESIÓNS CON fondo A fondo locución adverbial Enteiramente, de cheo, ata o límite das posibilidades. Hai que traballar a fondo. Discutimos o problema a fondo, ata os últimos detalles. Do fondo á cima VÉXASE cima No fondo Na esencia, sen ter en conta os detalles superficiais. No fondo é boa persoa. No fondo compréndote.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!