fonte
Audio 1

fonte substantivo feminino1 Lugar onde mana auga, que pode proceder dunha corrente subterránea natural ou ser conducida artificialmente. Bebeu auga da fonte que hai ao pé da montaña. SINÓNIMO manancial2 Construción cun ou varios canos por onde sae auga. Xuntámonos onda a fonte da praza.3 figurado Lugar de onde flúe un líquido con abundancia. Ao escavar atoparon unha fonte de petróleo.4 figurado Cousa na que ten orixe ou principio algo. As malas compañías son a fonte das túas desgrazas.5 figurado Lugar ou persoa de onde se obtén información. Estas noticias proceden de fontes fidedignas.6 Prato grande onde se serve a comida. Bota o polo na fonte. SINÓNIMO prata2 CONFRÓNTESE bandexa7 Cantidade de alimento que cabe neste prato. Comeu el só toda a fonte de ensalada. SINÓNIMO pratada8 Física Materia, sistema, obxecto que produce luz, calor etc. Fonte de calor. CONFRÓNTESE foco19 Informática Conxunto de modelos vectoriais que representan os caracteres dunha letra, con descricións respecto á súa posición e conformación, almacenados nun ficheiro. Selecciona todo o texto e cambia a fonte e o tamaño da letra. FRASES E EXPRESIÓNS CON fonte Fonte de alimentación Aparello ou sistema que subministra a enerxía necesaria para que un dispositivo eléctrico ou mecánico funcione. Antes de proceder á reparación, cómpre interromper a conexión entre o aparello e a súa fonte de alimentación. SINÓNIMO alimentador Fonte monoespazo Informática Tipo de letra na que todos os caracteres ocupan o mesmo espazo horizontal. Coas fontes monoespazo as letras ocupan o mesmo espazo horizontal, coma nas máquinas de escribir.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!