forcado
Audio 1

forcado substantivo masculino1 Instrumento que consta dun mango longo rematado en dúas, tres ou catro gallas, que pode ser todo de madeira ou ter as gallas de ferro, e que se utiliza para apañar estrume, herba, palla, ou para sacar ou meter o pan no forno, para atizar o lume etc. Os oleiros enfornan co forcado. SINÓNIMOS colmeira, forca, forcada, forcanza, forquita, galleta1, galleto, gancha, guita CONFRÓNTESE forquito, galleiro12 Cada unha das dúas pezas do arado de pau, que parten en forma oblicua desde o rostro, e serven para anchear o suco. OBSERVACIÓNS: Adoita utilizarse en plural A terra húmida quedaba prendida nos forcados do arado. SINÓNIMOS abeaca, gueifa, orelleira CONFRÓNTESE vesadoiro3 Pau en forma de gallo, que se coloca na parte dianteira do carro, entre o chedeiro e a cabezalla. O forcado terma da carga. SINÓNIMOS acicarro, boeira, cabrita, cadeixo, cambón, cambona, canga, cangalleira2, fungueira, galleiro1, gardabois, ranqueiro, rengueiro4 Pau máis ou menos groso e longo, segundo os usos, con dúas ou tres gallas no extremo, coma o que se utiliza para calcar o bagazo na cuba, ou para remexer as papas, os roxóns etc. Estaba calcando o bagazo e quedoulle o forcado dentro da cuba. Ten na cociña un forcado de buxo para remexer os roxóns.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!